CURSO: Xornada sobre a calidade nos procesos de medida
xoves, 13 de marzo de 2008
Celebrarase o 24 de abril nas instalacións do LOMG |
XORNADA SOBRE CALIDADE NOS PROCESOS DE MEDIDA
TRÍPTICO
INSCRICIÓN Vía correo electrónico, en lomg@lomg.net.
DATA 24 de ABRIL de 2008
DURACIÓN 7 horas (De 9:45 h a 18:15 h)
CONCEPTOS INCLUÍDOS - Documentación que se entregará ao comezo da xornada, para facilita-lo seu seguimento, na que se recollerán tanto os aspectos teóricos como os prácticos. - Café. - Xantar.
PREZO 300 € + IVE (Café e xantar incluídos) Aplicarase un 10% de desconto pola inscrición de dúas ou máis persoas pertencentes á mesma organización.
DIRIXIDO A Persoal de organizacións de calquera sector industrial que desenvolva a súa actividade en áreas relacionadas coa calidade, a metroloxía, a auditoría, a enxeñería de produto e proceso, fabricación ou mantemento. A realización do curso non require coñecementos previos na materia.
LUGAR DE IMPARTICIÓN Instalacións do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia.
PERSOAL QUE IMPARTE Xefes de Departamento do LOMG.
DIPLOMA A tódolos asistentes á xornada entregaráselles un diploma.
GARANTÍA Os nosos cursos caracterízanse pola: - Participación activa de tódolos asistentes. - Interacción entre relatores e participantes. - Realización de casos prácticos para afianzar a comprensión dos conceptos teóricos.
CASOS PRÁCTICOS ASISTENTES Os asistentes ao curso poderán expor durante a xornada casos reais sobre a adecuación dos seus sistemas de medida aos seus procesos, a interpretación de certificados de calibración, o cálculo da incerteza de uso dos seus instrumentos, o establecemento de criterios de aceptación das calibracións así como o período de recalibración dos equipos, que se intentarán resolver durante a xornada, e se non houbese suficiente tempo, proporase unha solución que se enviará posteriormente vía correo electrónico.
PRESENTACIÓN Como consecuencia dos cambios ocorridos na contorna económica no que se desenvolven as empresas, os conceptos de innovación tecnolóxica e calidade xorden como posibles factores estratéxicos diferenciais, e consecuentemente de competitividade. Así mesmo, de forma tradicional, os conceptos relacionados coa calidade desenvolvéronse no marco establecido polas relacións contractuais entre cliente e provedor. Ata, hai sectores industriais de especial impacto social nos que a calidade, a seguridade e a eficacia foron impostas pola administración mediante a correspondente lexislación. Sexa por imperativo das normas, por esixencias do mercado, ou por un elemental sentido científico, tódolos instrumentos de medida deben verificarse periodicamente, comparándoos con patróns que aseguren a trazabilidade das medidas.
OBXECTIVOS Proporcionar aos asistentes criterio e ferramentas que lles permitan: - Determinar se os instrumentos de medida utilizados son adecuados aos sistemas de medida nos que participan, en función das tolerancias dos procesos. - Saber que debe solicitarse a un laboratorio ao que se lle solicita un servizo de calibración. - Interpreta-lo certificado de calibración emitido polo laboratorio de calibración e comprobar que está en consonancia co que se solicitou. - Coa información extraída do certificado realimenta-lo sistema e comprobar que o equipo segue sendo adecuado segundo os parámetros de avaliación que se estableceron.
PROGRAMA 9:45 – 10:00 Presentación do curso e entrega da documentación. 10:00 – 11:30 Conceptos básicos de metroloxía. - Trazabilidade. - Tolerancia. - Incerteza. 11:30 – 12:00 Pausa. Café. 12:00 – 13:00 Información que debe ser solicitada a un provedor de servizos de calibración e que deberá recollerse no certificado emitido por este. 13:00 – 14:00 Fundamentos e metodoloxías para a interpretación de certificados de calibración, así como para o establecemento de períodos de recalibración. 14:00 – 15:30 Xantar. 15:30 – 17:00 Pautas prácticas para a avaliación da incerteza de uso dun instrumento. 17:00 – 18:00 Presentación da nova aplicación de xestión da instrumentación, desenvolvida polo LOMG, que se entregará gratuitamente aos asistentes á xornada. 18:00 – 18:15 Despedida e entrega de diplomas
|
|