Créase o portal www.medindo.org
luns, 11 de febreiro de 2008
Esta iniciativa está enmarcada no proxecto "O LOMG cos IES"
www.medindo.org está destiñado a darlle soporte ás visitas que diversos centros de ensinanza secundaria efectuarán ó LOMG durante o ano 2008, dentro das actividades organizadas para o proxecto "O LOMG cos IES".
O portal estará operativo nos vindeiros días, e entre as súas principais características destacan a proximidade ós alumnos que realizarán as visitas ó LOMG, e o seu alto contido didáctico. O obxectivo é achegalos ó mundo da metroloxía.
Pódese acceder ó portal dende aquí.
|
|