Proxecto en colaboración co Centro Tecnolóxico da Carne. Investigador principal: Higinio González Jorge. Duración: 3 anos. Cuantía: 173.698,30€ Actualmente EN EXECUCIÓN. RESUMO: As técnicas de control de calidade baseadas en visión artificial véñense utilizando dende os últimos anos de forma exitosa en gran cantidade de procesos industriais. Esta tecnoloxía estase introducindo paulatinamente no sector agrícola, exisitindo exemplos noutras rexións, nas que se emprega para inspeccionar mazás, xudías, pan, peras ou legumes. En Galicia esta tecnoloxía aínda non penetrou neste sector, polo que neste proxecto proponse investigar a súa aplicabilidade a dous subsectores básicos para a agricultura galega como son o da patata e castaña. Para elo realizarase unha selección de mostras de pataca, coas que se construirá unha base de datos de fotografías, que serán clasificadas por técnicos especializados de forma manual dependendo das súas características varietais, produtivas, externas e internas. A continuación procederase ó deseño de algoritmos de recoñecemento de imaxe para lograr a detección automática destas características obtidas de xeito manual, que ademáis se fusionarán nun único software e se implementarán como sistema piloto nunha industria procesadora de pataca.
Hai que destacar que non soamente se empregarán imaxes no rango visible senón que tamén se empregarán imaxes de reflectometría infravermella (SWIR) para tratar de observar características dos productos.
Finalmente, tamén se realizará un estudio da aplicabilidade destas técnicas á industria da castaña.
|