|
Proxecto en colaboración cos grupos de Magnetismo e Nanotecnoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e de Óptica Física da Universidade de Vigo. Investigador principal: Higinio González Jorge. Duración: 3 anos. Cuantía: 144.477,95€ Actualmente EN EXECUCIÓN. RESUMO: Este proxecto pretende desenvolver un sistema que estenda o rango de medición dos microscopios de forza atómica para que poidan ser empregados na inspección de productos industriais de tamaño elevado, como pracas solares ou materiais ópticos, realizando a súa integración nunha máquina de medida por coordenadas. De esta forma prestarase apoio ós procesos industriais que requiren actualmente este tipo de tecnoloxía en Galicia e, ademáis, o LOMG posicionarase neste eido para dar resposta a futuras necesidades que xurdan no seu entorno industrial. Para levar a cabo este proxecto será necesario investigar e superar retos que consisten no control da dilatación do sistema, vibracións mecánicas e control da aproximación do microscopio de forza atómica sobre as mostras a inspeccionar. Ademáis, resultará fundamental para incrementar dito rango de medición, desenvolver un software de análise de imaxe que combine de forma axeitada as áreas adxacentes de escaneado. Debido a que o sistema se desexa aplicar en productos industriais resultará necesario darlle trazabilidade metrolóxica para poder integralo nun sistema de xestión de calidade.
|