Proxecto en colaboración coa Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro e o Centro Tecnolóxico da Carne.
Investigador principal: Higinio González Jorge
Duración: 3 anos.
Cuantía: 189.252,15 €
Actualmente EN EXECUCIÓN.
RESUMO:
Este proxecto pretende automatizar o proceso de valoración da uva recibida nos centros da adega Vitivinícola do Ribeiro, mediante o uso de técnicas de visión artificial. Este sistema, ademáis de axilizar a supervisión e proporcionar un criterio robusto para a clasificación da uva, proporcionará unha ferramenta fiable e obxectiva para a comunidade de viticultores asociados á cooperativa.
Na actualidade, o proceso de clasificación da uva recollida basease na combinación de varios criterios. Por unha banda, realizase unha inspección visual por parte dun experto que lle outorga unha puntuación en función do seu aspecto (evidencias e porcentajes de enfermedades, etc.). Por outra banda realizase unha recollida de mostras de mosto para a súa análise posterior en laboratorio. A valoración visual é de especial importancia, xa que dela depende tanto a etiqueta de calidade outorgada á uva (que determinará en gran medida o precio pagado ó viticultor) como a distribución interna na adega para a elaboración de distintos tipos de viños.
O problema xorde debido a subxectividade inherente ó proceso de valoración visual dunha persoa, que variará en función do técnico encargado en cada momento, condicións ambientais como a iluminación, aproximacións estimadas das porcentaxes, etc. A solución proposta pretende establecer unha correlación entre as valoracións proporcionadas polos expertos e as análises realizadas en laboratorio, desenvolver uns algoritmos de visión artificial capaces de estimar os parámetros de interése e integrar o sistema no funcionamento da bodega durante o período de recollida de uva.
Deste xeito, estarase en disposición dun elemento unificador cun criterio único e fiable para a clasificación das calidades de uva e establecemento dun precio xusto e igualitario da materia prima. Á sua vez, conseguirase axilizar o proceso de recollida e clasificación na adega.
RESULTADOS:
2009 A computer vision system for visual grape grading in wine cellars
E. Vazquez-Fernandez, A. Dacal-Nieto, F. Martin, A. Formella, S. Torres-Guijarro, H. Gonzalez-Jorge
Artículo en revista: Lecture Notes in Computer Science (LNCS) 5815, pp. 335-344, 2009. ISBN: 978-3-642-04666-7
Presentado en el congreso ICVS 2009 (7th International Conference on Computer Vision Systems), Liège (Bélgica), del 12-10-2009 al 15-10-2009.
PRENSA:
La Región (06-10-2008),
El Correo Gallego (06-10-2008),
La Voz de Galicia (07-10-2008),
La Voz de Galicia (30-10-2008).